Teresa Portela: "Quen a segue, conséguea"

A piragüista galega obtén a medalla de prata en k1, o segundo metal para unhas galegas nestes xogos de Toquio 2021.
A garra de Teresa Portela encabeza a delegación galega. (Foto: EP).

A piragüista galega Teresa Portela mostrouse "moi feliz" nada máis conquistar a prata esta terza feira na final de K1 200 dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, xa que "quen a segue, conséguea".

Aos seus 39 anos e nos seus sextos Xogos, a galega logrou o gran reto da medalla olímpica. "Estou feliz. Levo moitos anos tentando loitar por esa medalla", dixo en declaracións a Comité Olímpico Español (COE).

É o seu primeiro metal olímpico, aos seus 39 anos. A de Aldán (Cangas), logrou o broche olímpico que tanto perseguiu cunha prata loitada e de 'foto finish', por detrás da neozelandesa Lisa Carrington. A prata de Portela supón a segunda medalla dunha galega nesta cita olímpica, tras a lograda o domingo por Ana Peleteiro. 

Comentarios