Seis membros da expedición do Fuenlabrada testados na Coruña dan positivo en coronavirus

Nós Diario foi informado incialmente de que eran un total de cinco os membros da expedición do Fuenlabrada que permanecen confinados nun hotel da Coruña os que deron positivos en Coronavirus, catro deles futbolistas, mais o xerente da área sanitaria da Coruña-Cee indicou que existe un positivo extra que non figuraba na listaxe

Xogadores do Fuenlabrada, aterrando na mañá de onte en Alvedro. Voaron, polo menos, 12 positivos en Covid-19 (Foto: UD Fuenlabrada).
photo_camera Xogadores do Fuenlabrada, aterrando na mañá de onte en Alvedro. Voaron, polo menos, 12 positivos en Covid-19 (Foto: UD Fuenlabrada).

Seis persoas da expedición do Fuenlabrada que permanecen confinados nun hotel da Coruña  deron positivos en Coronavirus, polo menos catro deles futbolistas. Nós Diario foi informado incialmente de que eran un total de cinco os membros da expedición do Fuenlabrada que permanecen confinados nun hotel da Coruña os que deron positivos en Coronavirus, mais o xerente da área sanitaria da Coruña-Cee indicou que existe un positivo extra que non figuraba na listaxe e investigarase a discordancia mediante un estudo serolóxico. O obxectivo é descartar falsos positivos ou negativos, pois a proba empregada ten unha fiabilidade do 65%.

Tamén confirmaron que xa se está levando a cabo o rastrexo de todas as persoas que puidesen estar en contacto coas persoas positivas, seguindo o protocolo estabelecido. Ademais, confirmou que o clube Fuenlabrada facilitou onte pola noite unha listaxe de positivos confirmados, e que esas probas non foron realizadas na Galiza. 

Mentres que a alcaldesa da Coruña, o Deportivo e partidos como o Bloque Nacionalista Galego no Congreso piden responsabilidades, a Liga de Fútbol Profesional bota balóns fóra sinalando con retranca na súa conta de Twitter que "ante a 'avalancha de preguntas, noticias' (ironía, por se non se entende) dos medios de comunicación interesándose pola saúde dos xogadores e empregados do Fuenlabrada, indícovos que son asintomáticos, atópanse ben, con gañas de saír deste pesadelo. Grazas".

Comentarios