Veciñas rexeitan o “macro proxecto comercial” da Cidade Deportiva de Mos

A Plataforma A Auga é Vida critica os actos de inauguración dun "despropósito ambiental".
Pancarta instalada na zona (Foto: Plataforma Auga é Vida).
photo_camera Pancarta instalada na zona (Foto: Plataforma Auga é Vida).

A Plataforma A Auga é Vida critica os actos de inauguración da nova cidade deportiva do Real Clube Celta en Mos.

Deixan claro que a única razón pola que non estiveron “para defender o monte coa veciñanza comuneira de Tameiga” foi polas “restricións a causa da Covid-19”, como fixeron o ano pasado cando fixeron acto de presenza no instalación da primeira pedra da instalación.

“O noso rexeitamento ao macro proxecto de Mouriño é Arévalo. Este acto dos promotores do pelotazo urbanístico nos montes comunais non inaugura nada, pois as obras están sen rematar e terán que enfrontarse ás múltiples denuncias que poñen en tela de xuízo a súa legalidade”, afirman.

Ademais, cualifican o evento inaugural de “escena para presentar o seu delirio como un feito consumado e que a veciñanza se dea por vencida e renuncie a defender o ben común”.

Porén, queren deixar claro que “Tameiga non ten nada en contra de dous campos de fútbol, sempre que cumplan a legalidade”.

O problema é que isto é un cabalo de Troia para logo expropiar e levar o resto do monte”, din.

“Non esquezamos que o seu despropósito ambiental é urbanístico abrangue un millón de m2 de solo rústico de especial protección”, conclúen.

comentarios