Un histórico Obra gaña a permanencia

O Blusens Monbus logrou certificar a permanencia na Liga Endesa tras unha vitoria merecida ante o Valencia Basket (76-62). O encontro tivo momentos de emoción polo que se xogaba a equipa galega mais o Obra non quixo dar lugar a sobresaltos e mandaron no marcador durante todo o partido. Esta vitoria dá matematicamente a praza na máxima categoría unha tempada máis.
Pavillón do Sar
photo_camera Pavillón do Sar

Alberto Corbacho (20 puntos), Oriol Junyent (17 puntos) e Stephane Lasme (15 puntos e 8 rebotes) foron os xogadores que máis destacaron no partido por parte do Valencia o xogador máis perigoso foi Caner-Medley (17 puntos).

O partido
Un parcial de 0-10 inicial con antideportiva de Deron Washington sobre Víctor Claver e tres triplos consecutivos, acenderon as alarmas no banco de Moncho Fernández. Aínda así o técnico local confiou nos seus e preferiu non pedir un tempo morto e, pouco a pouco, foi encontrando os seus froitos, pois a diferenza se reduciu (9-12, m.7). A defensa local era asfixiante tras o baixón inicial e en canto Stephane Lasme se puxo a funcionar chegou o empate (14-14) coincidindo co final do primeiro período, aínda que o bo refacho continuou ao principio do seguinte. De triplo en triplo, entre Alberto Corbacho e Ebi Ere, para os de casa e Brad Newley e Richards Kuksiks para a Valencia a diferenza mantívose ao principio, pero chegou a ser de cinco puntos a favor do cadro galego no minuto 18 tras un roubo seguido dunha rápida transición de Milt Palacio (29-24). Malia un novo baixón na defensa do Obradoiro, Ere demostrou que estaba moi metido no partido e con outro lanzamento exterior mandou o partido ao descanso cun 34-30. Aínda que o conxunto galego, da man de Corbacho, ampliou a vantaxe tras a reanudación, a Valencia recorreu a Nik Caner-Medley para, con sete puntos consecutivos, seguir de cheo no encontro (50-49 ao final do terceiro cuarto). Unha canastra rápida de De Colo seguida da cuarta falta de Lasme e un triplo de Caner-Medley xearon o Fontes do Sar. Todo parecía perdido para os locais cando unha técnica a AJ Ogilvy por protestar deu aire ao Blusens.
Pazo, Corbacho e Junyent rubricaron a reacción do equipo galego, que se lanzou descaradamente a polo partido sen que a Valencia puidese impedilo (64-56, m.38). Sar entrou en éxtase, e non era para menos: Blusens Monbus volve facer historia.


Estatísticas do partido

76 - Blusens Monbus (14+20+16+26): Rodríguez (5), Bulfoni (-), Deron Washington (-), Hopkins (2), Lasme (15) -cinco incial-, Palacio (6), Ebi Ere (8), Kendall (4), Junyent (16), Nguema (-) y Corbacho (20).

62 - Valencia Basket (14+16+19+13): Markovic (2), De Colo (12), Claver (9), Caner-Medley (17), Faverani (4) -cinco inicial-, AJ Ogilvy (2), Newley (13), Pietrus (-) y Kuksiks (3).

Árbitros: García Ortiz, Arañar Martínez Díez.

Pavillón: Multiusos Fontes do Sar. 5.900 espectadores.

Comentarios