O salario de Gabri Veiga no Nápoles alcanzaría os dous millóns de euros por tempada

O fichaxe faríase oficial no momento no que se confirme a esperada saída do tamén centrocampista, o polaco Piotr Zielenski, de 29 anos, ao fútbol árabe.
Gabri Veiga celebra un gol ante o Betis en Sevilla (Foto: AFP7 / Europa Press).
photo_camera Gabri Veiga celebra un gol ante o Betis en Sevilla (Foto: AFP7 / Europa Press).

Segundo informou o xornalista italiano especializado nas novas relativas ao Nápoles, Francesco Romano, o traspaso da perla da canteira celtiña Gabri Veiga polo conxunto italiano atoparíase fechado.

O traspaso ao Nápoles reportaría 36 millóns de euros ao Celta, máis un complemento económico en función determinadas variábeis co que practicamente se alcanzarían os 40 millóns da actual cláusula de rescisión do centrocampista do Porriño.

Segundo reportou o xornalista italiano, o fichaxe faríase oficial no momento no que se confirme a esperada saída do tamén centrocampista, o polaco Piotr Zielenski, de 29 anos, ao fútbol árabe.

O actual xogador do Celta, que ten unha idade de 21 anos, asinaría un contrato por cinco tempadas co Nápoles, que lle reportaría un salario de dous millóns de euros en cada un dos anos que pase no club italiano.

Comentarios