Traiñeiras: Cabo e Tirán emproan unha ACT que chega a casa e Samertolameu fica en seco na LGT

traiñeira tirán act maider celada
photo_camera Traiñeira de Tirán en Bilbo. Foto: Maider Celada

Están collendo forma as 2 traiñeiras galegas na ACT-San Miguel, a Liga que reúne 12 embarcacións de Euskal Herria, Galiza e Cantabria, e que esta fin de semana volveu ter unha dupla cita: o sábado en Bilbo e o domingo en Getxo. En ambas as dúas a vitoria volveu ser para Hondarribia, unha embarcación que acumula seis bandeiras das sete desputadas nesta tempada da ACT e que se mantén líder con 81 puntos, seis máis que o seu inmediato perseguidor, a Urdaibai nada hai 25 anos da fusión dos clubs de Bermeo, Elantxobe e Mundaka.

Na regata de Bilbao a traiñeira de Tirán rematou sexta e a de Cabo de Cruz novena. Os da Barbanza seguían sen coller o pulso a unha competición na que nestas últimas dúas tempadas amosaran un nivel alto. O domingo, en Getxo, as cousas cambiaron e Tirán finalizou terceira e Cabo de Cruz, cuarta. Por fin uns bos resultados para as embarcacións do país. Nesta fin de semana de previa do 25 de xullo a ACT chega a Galiza, con regatas en Moaña (sábado) e Cabo de Cruz (domingo). Unha oportunidade de ouro para que unha tripulación galega ondee bandeira.

Cabo logrou en Getxo a súa mellor clasificación no que vai desta tempada da ACT e Tirán recunca no terceiro posto que xa saboreara na regata de Donosti.

LGT

Na Liga Galega de Traiñeiras a novidade foi que Samertolameu de Meira non venceu na categoría A (onde barcos a competir). Nin na regata de Oleiros, que acabdou con vitoria de Coruxo, nin na do Grove, onde o triunfo foi para Ares. Semella que o dominio aplastante dos de Meira (recén descendidos da ACT) que se presumía para esta tempada pode que non sexa tanto. Iso si, Samertolameu lidera a clasificación sen problemas.

Na categoría B (7 traiñeiras), o liderato é para Cabo de Cruz B (Náutico de Boiro) e a segunda praza é partillada por Rianxo e Cabana-Ferrol. Na liga galega feminina, as de Cabo seguen dominando.

Comentarios