O taekwondo atopa en Pontevedra a súa nova casa

O Pavillón Municipal dos Deportes da Boa Vila vivirá un aniversario especial esta fin de semana co inicio do Campionato Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo, un torneo que alcanza  a súa edición número 25.

Gulías, Cortegoso e Lores, onte (Foto: Concello de Pontevedra).
photo_camera Gulías, Cortegoso e Lores, onte (Foto: Concello de Pontevedra).

O Pavillón Municipal dos Deportes da Boa Vila vivirá un aniversario especial esta fin de semana co inicio do Campionato Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo, un torneo que alcanza  a súa edición número 25.

Máis de 1.300 deportistas de 102 clubs diferentes pasarán polo espazo municipal entre mañá sábado e o domingo día 5 de novembro, onde se instalarán até 13 pistas para dar conta da actividade.

Con respecto aos horarios, o evento comezará ás 9 horas de mañá coas categorías júnior e infantil, xunto á modalidade de técnica, para logo continuar desde as 16 coas probas de idade absolutas, máster e pre cadete.

No caso do domingo, o Cidade de Pontevedra terá a partida tamén ás 9 horas, aínda que cos combates dos e das cadetes e do resto das categorías de técnica, finalizando esta intensísima fin de semana de taekwondo ás 15.

Durante a presentación do certame, que tivo lugar durante a xornada de onte, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, aproveitou a súa intervención para transmitirlle os seus parabéns ao Club Mace Sport "por seguir organizando" unha cita que festexa as súas vodas de prata e pola que a cidadanía agarda "ano tras ano".

Comentarios