As seleccións galegas de fútbol sala de base volven ao traballo

Buscan "chegar nas mellores condicións posíbeis" á primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

Os rapaces debutan mañá. (Foto: Futgal).
photo_camera Os rapaces debutan mañá. (Foto: Futgal).

Os e as seleccionadoras congregaron a Irmandiña tanto nas súas modalidades femininas como masculinas co obxectivo de "chegar nas mellores condicións posíbeis" á primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

Con respecto á Sub-16 feminina, a súa responsábel, Bea Seijas, dirixirá tan cedo como esta terza feira, a partir das 17.45 horas no Pavillón do Pino, a primeira sesión da tempada, unha cita para a que chamou 24 xogadoras, sendo os conxuntos máis representados Poio Pescamar (7), Pescados Rubén Burela (3) e Ourense OnTime (3).

E no que atinxe aos seus compañeiros da Sub-16 masculina, o conxunto a cargo de David Pena saltará ao parqué do pavillón do Forte, en Boqueixón, ás 17.15 horas da cuarta para o seu cuarto traballo conxunto da campaña, contando para iso con 20 homes.

Alí tamén estará, no seu caso a partir das 19.15 horas, a Sub-19 masculina de Pachi Fernández, xa nun grupo máis reducido de só 14 deportistas de clubs como Burela, Stellae, O Parrulo, Noia, Lugo Sala ou 5 Coruña.

Comentarios