mércores 28/10/20

Ronaldo recusa camisola israelita en sinal de apoio á causa de Palestina

Recusou trocar a súa camisola pola do equipo israelita en sinal de oposición á represión de Israel contra Palestina. O momento recóllese na prensa internacional que lembra o apoio do xogador da Madeira ao pobo palestino, causa para a que tería feito diversas donacións económicas. Na Galiza, o mundo do deporte bota a andar unha campaña de boicote a Israel. 

Ronaldo
Ronaldo

O xogador portugués Cristiano Ronaldo estase a manifestar como un firme defensor da causa palestina. No partido no que a selección lusa xogou contra a de Israel, o afamado deportista negouse a trocar a súa camisola coa dos xogadores israelitas en sinal a súa oposición á política de opresión do seu país. Varios medios internacionais recollen o episodio que pon á vista a posición do coñecido futbolista de denuncia da represión de Israel ao pobo palestino. 

O site “Stop the war coalition” informa tamén de que o xogador portugués tería feito un donativo de 1,5 millóns de euros para as crianzas de Gaza no mes de novembro e, aínda máis, con anterioridade donaría tamén a súa “Bota de Ouro “ de 2011 para que fose subhastada con destino ás escolas de Gaza. 

Non sería a primeira vez que Cristiano Ronaldo cede material da súa equipación para a causa das crianzas de Gaza. Segundo o “Stop the war coalition”, en información recollida en diversos medios internacionais, o xogador xa teria donados as súas chuteiras no seu tempo de formar parte do Real Madrid. 

Boicote do deporte galego

Desde a Galiza estase a desenvolver tamén unha campaña entre o mundo do deporte de boicot a Israel, da mesma maneira que se leva adiante outra no ámbito cultural que leva xa máis de 340 sinaturas. Deportistas de diferentes modalidades demandan desta maneira xustiza para o pobo palestino e comprométense a non participar en ningún tipo de evento deportivo en Israel “mentres persistir a ocupación e a colonización dos territorios palestinos, mentres se negar a igualdade de dereitos ás cidadáns e ciddadás palestinos residentes en Israel e o estado sionista non recoñecer o dereito de retorno a todas as persoas que desexen voltar a súa terra”. 

Unénense, desta maneira aos 42 clubes da Faixa de Gaza que pediron ao presidente da UEFA “que non recompense a violenta represión o pobo palestino organizando o Campeonato Europeo 2012 de Fútbol SUP 21 en Tel Aviv”. 

Encabeza a listaxe Pilar Neira, adestradora da selección galega de fútbol feminino e presidenta da Asociación de Mulleres Deportista. 

comentarios