O Obradoiro procura en Pucela manterse na loita polo play off

"É unha final para poder seguir a soñar", afirmou o adestrador do club de baloncesto compostelán, Moncho Fernández

Bandeiras na celebración do ascenso do Obradoiro este mesmo ano
photo_camera Bandeiras na celebración do ascenso do Obradoiro este mesmo ano

Se o Obradoiro Blusens Monbús gaña este sábado en Valladolid (19:00 horas) chegará á última xornada con opcións de se meter nos play offs. Enfronte terá o Blancos de Rueda, o equipo pucelano, que non se xoga nada nesta cita. Mais os galegos non estarán sós. Afeccionados obradoiristas viaxan até Valladolid para animar ao seu equipo.

O adestrador do Obradoiro apela á "responsabilidade" dos seus xogadores, así como á concentración do equipo para marchar da cidade castelá cunha vitoria, un triunfo que, como recoñece o treinador, permitiría seguir a soñar.

Comentarios