O CRAT UDC domina a liga estatal de rugby feminino

Terceira vitoria das xogadoras coruñesas, desta vez por un contundente 55-0 diante do C.R. Complutense Cisneros.
CRAT UDC Feminino

As galegas do CRAT UDC seguen primeiras na División de Honor feminina de rugby após un contundente 55-0 contra a C.R. Complutense Cisneros e continúan a disputarlle a hexemonía ao INEF Barcelona. No Universitario de Elviña, coas baixas na equipa da Coruña de Helen, Rocío, Alevín e Machi, a superioridade das locais foi total neste encontro da terceira xornada.

Para este partido contaban con Jackie, Isa, Ana, Mónica, Nerea, Fanny, Shaan, Elsa, Chao, Turena, Vanessa, Maijo, Jana, Silvie e Berta. Tamén xogaron Clio, Euge, Selene, Alba e Cecilia.Abriron o marcador no minuto 3 cun ensaio de Berta que recuncou con outro no minuto 20. Logo virían o ensaio de Maijo transformado por Berta (minuto 28) e de Shaan, tamén transformado por Berta (minuto 30).

A superioridade do CRAT UDC foi total neste encontro da terceira xornada da División de Honor feminina de rugby

Após o tempo de descanso as galegas continuaron co seu xogo de alto nivel. Un ensaio de Vanessa, transformado por Berta (minuto 43), colocaba o 31-0 no marcador e logo virían os de Turena (minuto 58), Nerea, transformado por Berta (minuto 64), Berta, transformado por ela mesma (minuto 75) e Silvie. Ao remate o marcador quedou nun claro 55-0 a favor do CRAT UDC.

A fin de semana vindeira xogarán as dúas primeiras clasificadas entre si. As galegas visitarán o Olímpico de Pozuelo R.C. nun bo momento de xogo. Rogelio e Alfredo, treinadores do CRAT UDC, saben que contan cunha equipa para xogar malia baixas importantes.

Comentarios