O Celta sobreponse á expulsión de Augusto e retén un ponto en Balaídos ante a Real

O Celta non puido pasar do empate en Balaídos ante a Real. A historia de sempre: falta de punch nos metros finais. Aspas, tocado, ficou na caseta ao comezo da segunda parte. Logo veu a expulsión de Augusto.

O Celta pode dar por bon o empate, pois xogou cuase toda a segunda parte con 10 futbolistas e sen o seu xogador franquicia, Iago Aspas, sobre o relvado.

Sen Aspas o Celta é moito menos Celta. A estas alturas do campionato todo o que non sexa gañar na casa significa comprar billetes para sofrer. Se Osasuna e Granada gañaren os seus compromisos, a equipa celeste podería concluír esta xornada en postos de descenso.

Os de Herrera adiantáronse na primeira metade con gol de Krohn-Dehli (m. 31) , a pase de Aspas. O futbolista de Moaña, diminuído por molestias físicas, non se reincorporou ao campo após o intervalo. A adversidade foi a máis para o combo celeste cando o árbitro mandou para o vestiario a Augusto.

A Real Sociedad findou por empatar con gol de Elustondo (m. 59).

Após 21 partidos de campionato, o Celta apenas suma 20 pontos.

Comentarios