O Celta perdoa o Barça

Empate que sabe a pouco en Balaídos (2-2) fronte aos líderes da Liga.

celta barça
photo_camera Imaxe: La Liga

O Barça estivo en Balaído a piques de  perder a súa imbatibilidade na Liga. De puro milagre zafaron os blaugranas, grazas tanto a Ter Stegen como á falla de puntería celeste. O gol de Aspas –coa man- a oito minutos do final empataba o partido e situaba o Barça contra as cordas. Un Barça que saíu ao campo por primeira vez en 16 anos sen ningún xogador formado na Masía nas filas. No Celta, catro canteiráns para intentar batir o líder.

Foi un partido vibrante, intenso, no que ficou claro desde o primeiro momento que ambas as dúas equipas apostaban por emproar a área rival. Un erro infantil na saída do balón de Jonny activou o contraataque catalán, que acabou con gol de Dembelé. Non aturdíu o Celta e a piques de acabar a primeira parte empatou, cun gol psicolóxico a cargo de Jonny.

Na segunda metade o Celta tirou de ‘afouteza e corazón’ para situiar a área barcelonista. A saída de Messi quixo imprimir calma nos cataláns. Marcou Paulinho mais os propios culéssentíanse inseguros fronte a un Celta que continúaba en ofensiva, con máis paixón que acerto. Apareceu entón Aspas e a ‘man de deus’ para empatar. A recta final permitiu ver en Balaídos un Barça defendendo o empate e un Celta a polos tres puntos. Aos celestes, o empate sóubolles a pouco.

Ficha técnica

Celta (2): Sergio, Wass, Sergi Gómez, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Brais Méndez (Boyé, min.83), Jozabed (Radoja, min.73), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.79), Maxi Gómez.

Barça (2): Ter Stegen, Semedo, Yerry Mina, Vermaelen, Digne, Denis Suárez, Paulinho, André Gomes (Sergi Roberto, min.60), Dembélé (Aleix Vidal, min.77), Coutinho (Messi, min.60), Paulinho.

Goles: Dembélé (0-1, min.36); Jonny (1-1, min.45); Paulinho (1-2, min.63), Iago Aspas (2-2, min.82).

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Expulsou Sergi Roberto (min.71). Amoestou Iago Aspas, Wass, Jonny (Celta).

Campo: Balaídos (20.347 espectadores).

Comentarios