Dani Moukoko e Jaír Ramírez encabezan a IV Velada de Boxeo 'Coruña en Loita'

26 boxeadores e boxeadoras conforman o cartel do certame.
O boxeo tomará Riazor o 21 de outubro (Foto: Azteca Box).
photo_camera O boxeo tomará Riazor o 21 de outubro (Foto: Azteca Box).

Un total de 26 boxeadores e boxeadoras conforman o cartel da cuarta edición da velada Coruña en Loita, que se desenvolverá no Frontón de Riazor o próximo sábado, día 21 de outubro.

Considerado como un dos eventos máis importantes que terán lugar no que resta de ano 2023 na Galiza, a apertura de portas está programada ás 20 horas e o inicio dos combates ás 20.30, estando os boletos dispoñíbeis a un prezo de 11 euros para sentar nas bancadas e a 13 no caso dun asento a carón do ring. 

En total serán 12 combates amateurs (11 masculinos e un feminino que enfrontará Paula Martín contra Silvia Alonso) e un profesional que encabezará a velada e no que colisionarán Dani Moukoko -púxil camerunés afincado desde hai anos na cidade herculina- e o veterano Diego Jaír Ramírez, quen chega de perder en agosto pasado contra o canario Alcorac Caballero e que aos seus 39 anos apura os seus últimos días sobre o cuadrilátero.

Ademais, a Federación Galega da modalidade informou que o 28 de outubro o ximnasio Wonder do Milladoiro (Ames) levará a cabo o terceiro acto do Programa Nacional de Tecnificación baixo a dirección de Antonio Rebouras e Aarón González.

Comentarios