Acusados de defraudar 4,1 millóns de euros á facenda pública

Messi e seu pai, 21 meses de condena por fraude fiscal

Leo Messi e seu pai Jorge Messi foron condenados pola Audiencia de Barcelona a 21 meses de prisión por cometer tres delitos de fraude fiscal cos que sumaron unha deuda de 4,1 millóns de euros á facenda pública.

Leo Messi_Instagram
photo_camera [Imaxe Leo Messi / Instagram]

Leo Messi foi condenado, finalmente a 21 meses de prisión, xunto con seu pai Jorge Messi por un delito de fraude fiscal á Facenda pública de 4,1 millones de euros entre os anos 2007 e 2009. A pesar da condena, nin Leo nin o pai entrarán na cadea por ser unha pena inferior aos dous anos.

A pena imposta para Leo Messi divídese en tres deltos fiscais diferentes:  Sete meses de cadea e 532.313,31 euros de multa por defraudación en relación ao IRPF durante o 2007, sete meses de cadea e multa de 792.300,54 polo mesmo motivo relativo ao ano 2008, e unha multa de 768.387,70 euros e outros sete meses de prisión pola defraudación ao IRPF do curso 2009.

Finalmente, non se cumpriu a demanda da fiscalía que pedía prisión só para o pai de Leo Messi, a quen apuntaban como o responsábel da creación das sociedades mediante as que se desviaron fondos a paraísos fiscais. Deste xeito, Leo e Jorge Messi comparten a mesma condena e responsabilidades.

Comentarios