A PREVIA | Marín-Burela, derbi galego na elite do fútbol sala

O FSF O Castro, pola súa parte, estrease na televisión pública.
A formación laranxa quere estender a súa xeira de imbatibilidade. (Foto: Pescados Rubén Burela).
photo_camera A formación laranxa quere estender a súa xeira de imbatibilidade. (Foto: Pescados Rubén Burela).

A Primeira División de fútbol sala feminino estatal, a categoría de elite con máis peso da representación galega -seis equipos sobre un total de 16- regresa esta fin de semana cun derbi entre Marín Futsal e Pescados Rubén Burela como prato estrela.

Programado no Pavillón da Raña ás 17 horas do sábado, o conxunto local terá a oportunidade de resarcirse da dolorosa derrota que padeceu a última fin de semana a mans do Poio Pescamar na finalísima da Copa da Galiza. Non obstante, non será tarefa doada, xa que enfronte terá a un todopoderoso conxunto laranxa que aínda non sabe o que é a derrota no que vai de campionato 2023/24.

Esta xornada 24 de competición será especial, tamén, para o FSF O Castro Bloques Cando,  pois por primeira vez na súa historia a canle pública especializada Teledeporte desprazarádo sábado co Arriva Alcorcón de convidado, cuarto clasificado con 45 puntos, os mesmos que o Poio Pescamar.

A formación conserveira, sen dúbida, ficará pegada á pequena pantalla coa esperanza de que as madrileñas tropecen en territorio galego e darlles o 'sorpasso' na táboa para situarse no último dos postos que dan dereito a disputar o play-off polo título ligueiro. Pero para iso é imprescindíbel que lle devolvan o favor ao Castro vencendo un conxunto co que, curiosamente, está empatado a 27 puntos na táboa, Atlético Torcal (18 horas).

Tamén promete ser interesante o STV Roldán-Ourense OnTime (18 horas), dous rivais directos na zona morna da clasificación que aínda soñan con engancharse á pelexa pola cuarta praza sabendo que, o que perda, diría adeus con case total seguridade a esa aspiración.

Finalmente, a xornada fechará o domingo ás 13 horas en Madrid co Leganés-Viaxes Amarelle, un partido propicio para que as herculinas volvan cun triunfo da pista da fechacancelas e aumenten a distancia que as separa do perigo do descenso.

Con todo, os e as amantes do fútbol sala tamén terán acción na súa modalidade masculina da man do Noia Portus Apostoli, que sube ao bus para retar o Ribera Navarra ás 18 horas do sábado logo do seu colosal triunfo sobre o campión de Europa. 

Comentarios