O galego Fran Gómez garante a súa sétima participación no Dakar ao completar o Afriquia

O piloto de Carballo finalizou no posto 44 da clasificación xeral de motos na exixente Afriquia Merzouga Rally.

FRAN GOMEZ pallas rally dakar
photo_camera Fran Gómez

Fran Gómez Pallas estará na saída do prestixioso Rally Dakar 2018, acumulando así sete participacións na mítica proba. Unha participación que este piloto de Carballo vén de garantir na súa participación no exixente Afriquia Merzouga Rally, que completou logrando clasificarse entre os 50 primeiros. Acabou no posto 44 da clasificación xeral por motos coa súa Honda CRF-X 450 preparada por Augusto Riveiro.

Gómez Pallas mostrouse satisfeito por “lograr obxectivo que nos marcaramos, completando a carreira entre os primeiros 50 competidores e, sobre todo, adquirindo unha valiosa experiencia de cara ao Dakar 2018”. O de Carballo recoñeceu que “no rally houbo de todo: una avaría mecánica, problemas co road book, unha sobrecarga muscular… até incluso ficamos sen gasolina. Porén, as sensacións coas que regreso á casa son inmellorábeis”.

Dakar

A respecto do Dakar 2018, que decorrerá en Arxentina, manifesta que este ano “a aposta é moi forte, duplicando os gasto e triplicando os esforzos mais vamos a por todas”. 

Comentarios