O Deportivo cae fronte ao Granada e encadea 10 partidos sen gañar

A equipa coruñesa non é quen de gañar aos andaluces desde 1979. Embora a derrota, o Dépor mantense na metade da táboa.

Deportivo GRanada. Foto LFP
photo_camera Imaxe: LFP

O Granada estreou adestrador con vitoria en Riazor, un triunfo (0-1) que tira ao quipo nazarí do posto de pecha-cancelas da LFP, mais que non é abondo para que saian dos postos de claisificación. O Dépor encadea 10 partidos sen gañar. E o que é máis preocupante, atinxiu só 3 dos 15 puntos que se xogaba contra Granada, Betis, Rayo ou Español, equipas cos que o Deportivo desputa unha liga particular.

Marcou o Granada mercede a un penalti procurado por Peñarando e materializado por El-Arabi. Embora ir por diante, o Granada non soubo fechar o partido, e sofreron nos instantes finais perante un Dépor que empurraba e que tivo no tiro ao pao de Lucas Pérz o empate. Mais os granadinos foron apostando no contra-golpe, para dar máis dun susto, embora non materializar ocasións.

O adestrador deportivista, Víctor, afirmou finalizado o partido que, “outra vez, sen ser inferiores, ímonos sen puntuar”.

Comentarios