Mundial de Fútbol Gaélico

CRÓNICA | Chegamos á metade da competición

Crónica desde Irlanda de Millán Brea, integrante da selección galega.
'Gacilia Blue' clasificouse para as semifinais da Copa Shield (Foto: Alberto Méndez).
photo_camera 'Gacilia Blue' clasificouse para as semifinais da Copa Shield. (Foto: Alberto Méndez)
Xa chegamos á metade da competición!

Levantarse está sendo duro. Acumulamos cansanzo e, moitos moitos golpes. Ademais, é un deporte amateur que fisicamente esixe bastante. Pensade que a Irmandiña está composta por xogadores e xogadores que traballan, estudan, e que incluso, están emigradas, polo que o esforzo é grande á hora de adestrar e xogar. Gracias a esta xente e ás nosas familias que apoian esta tolemia!

No día de hoxe, os partidos determinan en que posición quedas para os cruces ou para as diversas copas nas que podes competir se quedas fóra dos primeiros postos. Neste caso, podemos dicir que os resultados son moi bos.  Entramos na loita polo título nos cuartos de final cos Galicia White, masculino e femenino, e co Galicia Blue estamos clasificadas para semifinais da Copa Shield. Vendo e analizando o nivel, cansas pero contentas! E mañá imos a por todas! Pode que sexa o último día, xa que o venres unicamente serán as finais de fútbol gaélico e hurling... Se é así, darémolo todo!

Para rematar, unha anécdota: Paseando por Derry, atopámonos a un rapaz que levaba 11 anos vivindo alí. De Ourense! Non sabemos se a ledicia levouna el ou levámola nós, pero foi moi emotivo poder falar da nosa terra. Galegos hainos por todo o mundo, confirmado!

Adiante Galicia!

Comentarios