Atletismo

O circuíto 'Correndo pola Costa da Morte' estrease en Camariñas

A Pedestre abrirá o programa tan cedo como este domingo.
A Pedestre de Camariñas alcanza os 12 anos. (Foto: Correndo pola Costa da Morte).
photo_camera A Pedestre de Camariñas alcanza os 12 anos. (Foto: Correndo pola Costa da Morte).

O circuíto de carreiras 'Correndo pola Costa da Morte' protagoniza esta semana o seu regreso ao calendario atlético galego. Faino cun programa de 10 probas que se desenvolverán nas localidades de Camariñas (10 de marzo), Vimianzo (21 de abril), Mazaricos (5 de maio), Dumbría (25 de maio), Zas (1 de xuño), Carnota (23 de xuño), Cee (6 de xullo), Muxía (14 de xullo), Corcubíon (7 de setembro) e Fisterra (13 de outubro).

Xa que logo, a primeira parada será tan cedo como este domingo cunha Carreira Pedestre Concello de Camariñas que alcanza a súa décimo segunda edición, para a cal o prazo de inscrición aínda está aberto.

Nesta ocasión o certame terá un marcado carácter solidario, pois o seu obxectivo principal é recadar fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través da categoría '3K contra o cancro' para persoas nacidas no ano 2008 e anteriores. Ademais, desde a organización habilitouse unha 'Fila 0' para que calquera persoa poida facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha das probas.

Estas serán seis en total, e comezarán ás 10 horas coa categoría Sub-12. Collerá a remuda a Sub-10 ás 10.15 horas; a '3K contra o cancro' ás 10.45; a '3K Sub-14, Sub-16 e Sub-18 contra o cancro' ás 10.15; a 10 Quilómetros Absoluta ás 11.30 e baixará o pano a modalidade 'Pitufos' ás 12.45 horas.

Comentarios