O Celta regala dous puntos

Terceiro empate consecutivo dos celestes.

celta xetafe
photo_camera Imaxe: La Liga

O Celta acumula tres empates consecutivos, dous deles en Balaídos. Mais non é (só) isto o que preocupa senón unha inquietante sensación de que a equipa vai a menos após un bo arranque de Liga. Como se carecese de esquema e idea de xogo, incluso até de alma. Os tres puntos foron o único positivo deses tres partidos (Valladolid, Valencia, Xetafe), onde os rivais foron superiores aos celestes.

O Celta comezou gañando ao Xetafe mais acabou empatando. Atragoado coa súa propia aposta de xogo, desubicado. Realizou unha pésima segunda matade e puido acabar perdendo. Non acerta nestes partidos Antonio Mohamed, que cambia de sistemas sobre o céspede con idéntico resultado: os 3 puntos non chegan. Piden tempo desde a casa celeste, o que é lóxico, mais parte da afección celtista xa comezou esta segunda feira perante o Xetafe e amosar o seu malestar co xogo da equipa.

Mohamed apostou para a ocasión por un 4-4-2, que tampouco lle resultou. O Xetafe non posuía a bola (tampouca a quería) mais era quen de manter o Celta afastado da súa área. Os celestes, por momentos, semellaba non saber a qe xogaban e iso págase caro.

Ficha técnica

Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia (Sisto, min.81), Cabral, Júnior Alonso, Beltrán (Okay, min.58), Lobotka, Jensen (Araujo, min.77), Brais Méndez, Iago Aspas, Maxi Gómez.

Xetafe (1): David Soria, Djene, Antunes, Bruno, Portillo, Ángel (Rober Ibáñez, min.75), Amath (Bergara, min.88), Arambarri (Mata, min.66), Jorge Molina, Maksimovic, Damián Suárez.

Goles: Maxi Gómez (1-0, min.36), Mata (1-1, min.78).

Árbitro: Cuadra Fernández, do comité balear. Amoestou Hugo Mallo e Iago Aspas (Celta); Bruno, Portillo (Xetafe).

Campo: Balaídos (14.330 espectadores).

Comentarios