O Celta ofrece en Xetafe a peor das súas imaxes e perde 2-1

Os madrileños remontaron un partido que os celestes non souberon controlar en ningún momento.

celta-xetafe

Sen ideas e sen fútbol. O Celta non parece, nin de lonxe, o mesmo que iniciou a temporada. Caeu ante o Xetafe (2-1), que lle remontou o partido os celestes e mesmo desperdiciou un penalti. Os madrileños levaban tres meses sen gañar un partido e fixérono fronte o Celta, que non ofreceu imaxe de perigo en ningún momento malia se adiantar cun gol de Charles.

Mal en defensa e sen claridade no ataque, o Celta non atopou o seu sitio. Berizzo esgotou os tres cambios mais iso tampouco axudou ao Celta a atopar o seu sitio. O Xetafe, que tampouco rubricou un partido para lembrar, foi máis agresivo e con maior confianza en si propio.

Un simple vistazo aos diferentes medios o día despois do partidopermite comprobar que Berizzo podería estar nunha conta atrás se desde xa non logra un bo resultado e cambiar a folla de derrotas acumuladas do Celta.

Ficha técnica

2-Getafe: Codina, Arroyo, Naldo, Alexis, Roberto Lago (Escudero, min.46), Rodríguez, Diego Castro (Felip, min.91), Freddy (Pedro León, min.69), Sammir, Sarabia e Álvaro

1-R.C.Celta: Sergio, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas, Radoja (Bongonda, min.85), Augusto, Krohn-Dehli, Orellana (Santi Mina. min.67), Nolito e Charles (Larrivey, min.84)

Goles: 1-0, min-14: Charles; 1-1, min.18: Álvaro Vázquez; 2-1, min: 85: Sarabia

Comentarios