O CD Lugo remonta, vence e convence

Impúxose ao Mallorca (3-1) nun encontro que comezou perdendo e deitouse como líder provisional da Segunda División. 

Lugo Mallorca
photo_camera Imaxe: La Liga

O CD Lugo deitouse a noite do sábado como líder provisional da Segunda División, unha posición gañada con merecemento após oito xornadas seguidas sen perder. O arousán Luis César Sampedro, adestrador dos lucenses, está a saber como sacar o mellor dunha equipa que ao longo destas xornadas amosou que pode ir a por todas.

Comezou o partido mal para o Lugo, que encaixou un gol aos 6 muntos e pouco despois dun aviso dos mallorquíns cun disparo de Lago Junior. O tanto, obra de Brandon, viña ser un aviso: O Mallorca, a equipa menos goleadora de Segunda, con 2 goles no que vai de tempada, marcaba. Non acovardou o Lugo, que ao pouco empataba, no minuto 14 grazas a Pita. Na primeira parte o Mallorca dispuxo de oportunidades, mais encaixou un segundo gol, no minuto 28, obra de Joselu.

O CD Lugo saiu na segunda metade con gañas, freando o ímpetu dos de Fernando Vázquez e facéndose co control do encontro. Remachou o partido no 75' cun gol outra vez de Joselu. 

Ficha técnica

CD Lugo (3): José Juan; Calavera, Carlos Hernández, Ignasi Miquel, Manu; Seoane, Pita; Iriome, Campillo (Caballero, min.78), Pedraza (Brayan Perea, min.86); e Joselu (Sergio Gil, min.84).

RCD Mallorca (1): Cabrero; Campabadal, Yuste, Raíllo (Ansotegi, min.71), Company; Damià Sabater (Adrián Dalmau, min.63), Juan Domínguez; Lago Júnior, Culio, Moutinho (Pol Roigé, min.77); e Brandon.

Goles: 0-1, min.6: Brandon. 1-1, min.14: Pita. 2-1, min.28: Joselu. 3-1, min.75: Joselu.

Comentarios