O Campionato de España pon a proba o baloncesto galego de base

Participan as Irmandiñas infantís e cadetes
A Galiza debuta hoxe en Huelva. (Foto: Celta Baloncesto).
photo_camera A Galiza debuta hoxe en Huelva. (Foto: Celta Baloncesto).

A Galiza conta xa as horas para poñer debutar no Campionato de España de Seleccións Infantís e Cadete. Coñecido oficialmente como KDTINF 2023, o torneo arrancará en Huelva -onde a expedición galega chegou na noite do pasado domingo despois dunha longa viaxe cara terras andaluzas- a partir do día de hoxe, 3 de xaneiro. 

En concreto, as distintas Irmandiñas que se desprazaron até Huelva foron a infantil feminina -dirixida por Miguel Castro-, a infantil masculina -ás ordes de Pablo Abuín-, a cadete feminina -adestrada por Nacary Rojas- e a cadete masculina, que ten á fronte Gonzalo García de Vitoria, ex responsábel de clubs do nivel de Burgos, Melilla, Lucentum Alacante ou Club Ourense Baloncesto.

Nesta edición a competición realizarase baixo un sistema máis aberto, cunha única categoría de xogo. Deste modo, abrirá fogo unha fase de grupos que se desenvolverá durante as dúas primeiras xornadas, clasificándose os dous primeiros equipos dos Grupos 'A', 'B' e 'C' e os líderes do 'D' e do 'E'.

Paralelamente, haberá outro cadro de cruces para dirimir os postos do 9 ao 16 (terceiro e cuarto do Grupo 'A', terceiro do 'B' e 'C e segundo e terceiro do 'D' e 'E'); e un triangular para os postos do 17 ao 19 (cuarto e último dos Grupos 'B', 'C' e 'D').

Xornada de portas abertas do Leyma Básquet Coruña

Contaxiado polo espírito festivo destas datas, o Básquet Coruña -un dos dous representantes da Galiza na LEB Ouro, a segunda categoría do baloncesto estatal- levará a cabo no día de hoxe un adestramento de portas abertas.

Programado entre as 17 e as 19 horas, a entidade laranxa fai un chamamento a achegarse ao Pazo de Riazor para "coñecer os xogadores, facerse selfies con eles e participar no sorteo de merchandising do club. 

Comentarios