O Burela gaña a súa sexta Copa da Raíña, a quinta consecutiva

As xogadoras laranxas de fútbol sala venceron o Club Roldán FSF por 3 goles a 2.
O Burela gaña a súa sexta Copa da Raña.
photo_camera O Burela gaña a súa sexta Copa da Raíña.

Sexto título, quinto consecutivo. As xogadoras de fútbol sala do Burela Pescados Rubén non se cansan de facer historia, como chiou o club laranxa nada máis finalizar o encontro que as converte, un ano máis, en campioas da Copa das Raíña.

Venceron o seu rival na final, o Club Roldán, por 3 goles a 2, tras eliminar en semifinais o Alcorcón 1-6.

O partido, disputado no polideportivo Rei Felipe de Boadilla del Monte, Madrid, finalizou a primeira parte cun único tanto de Patricia Ortega.

A xogadora do Burela Pescados Rubén, ex do Roldán, foi a encargada de abrir a segunda parte cun novo tanto que axiña neutralizou o rival.

Sexta copa

Co partido aberto, a futbolista internacional Irene Samper anotou o 3-1 para o Burela. Mais de novo o Club Roldán reduciu a diferenza no marcador cun gol en propia porta de Dany.

A vinte segundos do final Jozi reforzou o triunfo das laranxas cun tanto que rebaixou as esperanzas do Roldán e confirmou unha xeira de triunfos do Burela na Copa da Raíña de fútbol Sala que se remonta ao ano 2013.

Desde 2019, cada ano revalidan un título que axiña festexarán en Burela coa súa afección.

Comentarios