Unha asociación critica o adestrador do Dépor, Óscar Cano, polos seus comentarios o 25-N

Tamén fai "cómplice" o Deportivo por "non reaccionar"
Óscar Cano é o técnico do Dépor (Foto: RC Deportivo).
photo_camera Óscar Cano é o técnico do Dépor (Foto: RC Deportivo).

A Asociación A terra, o balón mais elas, entidade de recente creación que ten como misión "visibilizar e promover a presenza de mulleres no mundo do fútbol", critica o técnico do Deportivo da Coruña, Óscar Cano, así como o propio club branquiazul, por uns comentarios do preparador o pasado 25 de novembro, Día internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Para A terra, o balón máis elas, Óscar Cano "sentado diante das reseñas moradas que visualizaban ese posicionamento social contra esta lacra que padecemos, fixo un comentario na súa rolda de prensa que desacreditaba a sinceridade da referida declaración institucional da entidade, que el mesmo acababa de ler".

 

O comentario de Óscar Cano criticado pola asociación A terra, o balón máis elas

 

A asociación agardaba "unha reacción por parte do Real Club Deportivo", pero como non chegou decidiu mostrar o seu desacordo a través da Canle Ética do Dépor, solicitando "unha rectificación e unha petición pública de desculpas" que nunca chegaron, polo que fan "cómplice" o Real Club Deportivo "por non reaccionar na defensa da dignidade das mulleres, particularmente das súas traballadoras, malia ser alertado dos feitos, manténdose á marxe do compromiso que se esixe na loita contra a violencia machista".

Coudet, ao Atlético Mineiro

O ex adestrador do Celta até principios deste mes, Eduardo Coudet, xa ten equipo, Finalmente non foi nin River Plate nin ningún outro da súa Arxentina natal, senón un conxunto brasileiro, o Atlético Mineiro.

O Bayern de Múnic ficha o galego Javier Fernández

Os novos talentos futbolísticos da Galiza continúan chamando a atención dos mellores equipos do continente. O último, o Bayern de Múnic, que incorporou ás súas filas Javier Fernández, de 16 anos, que definiron como "un dos mellores medios da súa xeración".

Comentarios