Do 23 ao 26 de abril

Xornadas sobre arte en Foz

No seu labor de achegar a cultura á poboación focega, a asociación cultural A Pomba do Arco organiza a sexta edición das xornadas Sentirmos a Arte. Serán entre a segunda feira 23 de abril e a quinta, 26 de abril, ás 20.30 no salón de actos do Cenima de Foz.
 

escultura soledad penalta
photo_camera Unha escultura de Soledad Peralta, que falará nas xornadas 'Sentirmos a Arte', de Foz.

O realizador audiovisual Xaime Miranda Méndez ofrecerá, o 23 de abril, a primeira charla de título Os vídeoclips no tempo dos videoclip. El propio é autor de pezas para bandas sinaladas do pop galego como Oh! Ayatollah, Agoraphobia ou Mequetrefe.

Ao día seguinte, Silvia García falará sobre “arte, artesanía e deseño”. Sentirmos a Arte continuará o 25 de abril, cando a escultora Soledad Penalta dará unha conferencia baixo o epígrafe De obxecto a suxeito en que repasará a súa longa traxectoria artística.

O ciclo rematará a quinta feira coa actuación de Xiao Berlai e Ernesto González Torterolo. O seu proxecto Desconhecido combina música e poesía -da man de Berlai- e banda -por González Torterolo. “A xornada premitirá visualizar a relación entre a arte e outras disciplinas creadoras”, indican desde a organización.

Comentarios