Xoel López e Davide Salvado, entre os finalistas dos Premios da Música Independente

Xoel López é un dos principais favoritos, optando a cinco dos principais premios, mentres que Davide Salvado opta ao mellor disco de 'world music'.

davidesalvado-crechas-azul (1)
photo_camera Davide Salvado nun concerto na Casa das Crechas

Xoel López foi elixido como finalista en varias das máis importantes categorías, como Mellor Álbum por 'Paramales'; Mellor Canción por “Todo lo que merezcas”; tamén ao Premio Radio 3 ao Mellor Artista; ao Mellor Directo; e ao Mellor Álbum de Pop. 

O coruñés é o artista que opta a máis galardóns, cinco, xunto con Guadalupe Plata, tendo por detrás a Niño de Elche (4), Vetusta Morla (3), Tulsa (3) ou Francisco Nixon (3).

Mentres, Davide Salvado compite polo Mellor Álbum de Músicas do Mundo, xunto con Los Granadians del Espacio Exterior, Gecko Turner, Barcelona Gipsy Balkan Orchestra e Cuban Sound Project. 

No apartado de Mellor Álbum en Galego podemos atopar tamén a Davide, xunto con Terbutalina, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, SES e Rústica, o disco conxunto de Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña. 

Esta é a oitava edición dos Premios MIN da Música Independente, que naceron en 2009 para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións independentes realizadas no Estado español. 

Comentarios