Xesús Alonso Montero, novo presidente da Academia

O investigador e escritor Xesús Alonso Montero é o novo presidente da Academia Galega. O pleno da institución reunido hoxe na súa sede da Rúa de Tabernas escolleu a Alonso Montero como sucesor de Xosé Luís Méndez Ferrín. Péchase así o periodo máis convulso da Academia dos últimos tempos.

Houbo certa confusión á hora de comunicar á imprensa o resultado da votación. Finalmente, Alonso Montero gañou por só dous votos (12-10-1 abstención) porque na segunda volta (a primeira ficara 12-12-1) non se computaron dous sufraxios para a candidatura de González ao teren sido emitidos por correo.

A candidatura presidida por Xesús Alonso Montero conseguiu gañar en votos á encabezada por Manuel González, que representaba a sucesión continuista da executiva de Xosé Luís Méndez Ferrín. Canda Xesús Alonso Montero, entran na executiva da RAG, Henrique Monteagudo como secretario, Margarita Ledo no posto de arquiveira, Andrés Torres Queiruga como tesoureiro e Rosario Álvarez como vicesecretaria. Na candidatura de Alonso Montero presentábanse dúas das tan só catro mulleres que compoñen, polo de agora, o plenario da institución. 

(MÁIS INFORMACIÓN EN BREVE)

comentarios