CULTURA

Volta e Dálle leva a súa máquina da xustiza a Betanzos

Volta e Dálle leva a súa máquina da xustiza a Betanzos

Volta e Dálle ofrece a súa visión crítica do sistema xudicial en clave de humor co espectáculo “Dura Lex”, que estará o sábado 4 de outubro en Betanzos. 

Dura Lex
photo_camera Dura Lex

A crítica da xustiza tinguida de humor chegará este sábado 4 de outubro á Aula Municipal de Cultura de Betanzos co espectáculo “Dura Lex”, da compañía Volta e Dálle. 

A obra, escrita e dirixida por Carlos Santiago e co actor Pepe Penabade como protagonista, recolle a historia dun xuíz expulsado da profesión que inventa unha máquina para facer xustiza, o Dura Lex Pro 1.0. Trátase dun invento  “chamado a revolucionar os sistemas democráticos e os non democráticos tamén” que axiliza o procesamento, é imparcial e económico dado a eliminación de profesionais da xustiza, acuciada polos fortes recortes no ámbito xudicial. 

O monólogo céntrase na presentación do aparello, cun texto mordaz e ao tempo humorístico que analiza de maneira crítica a actualidade mais reflexiona ao tempo sobre conceptos como xustiza e democracia. 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios