A VIII Edición da Festa da Xiba chega a Sada

Os días 26, 27 e 28 de maio vai ter lugar en Sada a Festa da Xiba. Trátase xa da oitava edición deste encontro gastronómico e cultural. Esta celebración, organizada polo Concello de Sada, pretende potenciar o produto por excelencia da vila: a xiba. 

kum-fusion
photo_camera kum-fusion

O Concello de Sada facilitará máis de 600 kilos de xiba para que os locais participantes ofrezan tapas gratuítas estes tres días. Este ano participarán 35 establecementos hosteleiros, número récord até o de agora. 

Os establecementos participantes entran nun concurso no que se elixirán as mellores tapas por votación popular. Esta votación poderá levarse a cabo nos propios establecementos ou ven de xeito online. 
Esta festa é tamén un xeito de mostrar os diferentes xeitos de preparar a xiba.

Maki de xiba

Durante estes tres días poderán degustarse nos diferentes establecementos pratos moi diversos. Dende ceviche ata sushi, pasando por tarteletas e mil follas e sen esquecer tampouco opcións máis tradicionais como a xiba con fabas ou a xiba na súa tinta. Ademais, o día 27 pola tarde actuará o grupo Tombalobos no porto da vila ás 7:30 da tarde.Tallarinesdexiba

A Festa da Xiba nace hai dez anos, partindo a idea do goberno municipal do BNG en colaboración coa Asociación de Empresarios, explica Xosé Lois Suárez, concelleiro de promoción económica. O obxectivo desta festa é potenciar a xiba, produto de Sada por excelencia. 

Comentarios