As vangardas protagonizan unha nova sala do Museo de Lugo

Pinturas de Castelao, Colmeiro e Maruxa Mallo.
Vista da sala remodelada.
photo_camera Vista da sala remodelada.

A partir do 6 de novembro de 2023 está dispoñíbel para os visitantes do Museo de Lugo unha remodelación da sala 14 que agora estará dedicada a Maruxa Mallo, Colmeiro e Castelao cun total de 12 obras.

Tras a apertura da sala monográfica dedicada a Tino Grandío, o Museo fixo unha revisión da sección de arte galega dedicada ás vangardas históricas e a posguerra, para incorporar e relacionar tres figuras artísticas fundamentais na historia da arte galega, determinantes na asimilación das vangardas europeas desde distintas linguaxes creativas, co nexo común do seu posterior exilio tras o golpe de Estado de 1936. 

Na sala 14 a partir de agora poderanse ver como novidades unha obra de Maruja Mallo realizada cando era pensionada da Deputación de Lugo (entre 1926-1929); dúas pinturas de Colmeiro: Maternidade (1934) e Vista da Muralla de Lugo (s/d); dous óleos de Castelao: Paisaxe con castiñeiros e Asno e gaivotas (o resto da súa obra está na sala de debuxo e gravado galego). 

Ademais, dúas obras de Maruxa Mallo serán prestadas para unha exposición no madrileño Museo Nacional de Artes Decorativas titulada Al biés. Las artistas y el diseño en la vanguardia española que se inaugurará o vindeiro día 20. 

Comentarios