Valentina López López gaña o XIX concurso de fotografía Xurxo Lobato

O premio está destinado ao alumnado de bacharelato, Formación Profesional e estudantes de artes de toda a Galiza, e ten o propósito de potenciar a fotografía
Unha obra do proxecto 'Volátil, Tolemia, Oniria', de Valentina López.
photo_camera Unha obra do proxecto 'Volátil, Tolemia, Oniria', de Valentina López.

Valentina López López, alumna do EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, é a gañadora do 19º concurso de fotografía Xurxo Lobato cunha serie de orixinais retratos co título de Volátil, Tolemia, Oniria.

O acto de entrega tivo lugar esta quinta feira, 23 de maio, no salón de actos do IES Monelos da Coruña, e contou coa asistencia de Francisco Diaz, concelleiro  do Concello da Coruña. José Luis Fernández, Director de Comunicación de Gadis. E membros da Xunta directiva da Asociación de Amigos do IES Monelos.

 

O concurso de fotografía Xurxo Lobato está destinado ao alumnado de bacharelato, Formación Profesional e estudantes de artes de toda a Galiza, e ten o propósito de potenciar a fotografía como un medio de expresión, creación e comunicación entre as persoas menores de 21 anos.

O xurado estivo integrado por Xosé Antón Fraga (Presidente), Xurxo Lobato, Marcos Sanchez, Lucía Patiño, Xosé Díaz e Xoán Antón Pérez-Lema (Secretario).

O certame, organizado pola Asociación de Amigos do IES Monelos, está apoiado por Gadis e mais o Concello da Coruña.

Comentarios