TVE proxectará este domingo A Esmorga na versión orixinal con subtítulos en español

Grazas á cesión de dereitos por parte da TVG, este domingo Televisión Española oferecerá á súa audiencia a opción de ver A Esmorga na súa versión orixinal, con subtítulos en español. Será no espazo de La 2 “Versión española”. Mentres tanto, Sicixia continúa o seu percurso nas salas comerciais após a súa exitosa estrea a pasada fin de semana.

_E8T0061_E8T0061
photo_camera Morris, Vilar, Cayetana Guillén-Cuervo, De Lira e Elejalde

Protagonismo do cinema galego por partida dupla nesta fin de semana. Por un lado, continúa nas salas comerciais Sicixia, o último filme de Ignacio Vilar. Os seus rexistos a primeira fin de semana foron moi prometedores: entre os cinco filmes máis vistos na Galiza e no posto 22 do top 50 das pantallas de todo o estado (segundo os dados de ICCA e Rentrak Spain). A última fita de Vilar, con Marta Lado e Monti Castiñeiras no reparto, estase a proxectar, entre outras cidades, en Madrid, Barcelona e Valéncia.

Na primeira fin de semana de exhibición, Sicixia situouse no posto 22 do top 50 das pantallas de todo o estado

Pois ben, mentres Sicixia dá os seus primeiros pasos no ultra-competitivo mundo da exhibición -afabantemente dominado polas majors norteamericanas-, A Esmorga, o grande suceso do cinema galego, o filme anterior de Vilar, marcará un novo fito este domingo 4 de Decembro. Será proxectada en versión orixinal con subtítulos en castelán no programa de La 2 “Versión Española”, que apresenta Cayetana Guillén-Cuervo, co formato habitual, exhibición do filme e debate posterior. Nel participan Ignacio Vilar e o trío de actores protagonistas, Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira.

"Versión Española" emítese ás 23 horas. O filme será proxectado na opción dual, isto é, a audiencia poderá elexer entre o ver dobrado en español ou desfrutar a versión orixinal con lendas en castelán.

Comentarios