Tímpanos medievais da Galiza: San Lourenzo de Carboeiro

A historia dos espolios artísticos na Galiza daría para un libro cun capítulo á parte para San Lourenzo de Carboeiro. Practicamente abandonado desde 1880 até as primeiras obras de recuperación iniciadas en 1974, non tivo outra protección que o seu remoto emprazamento. Aínda así, entre as obras desaparecidas do mosteiro encóntranse dúas placas que formaban parte do tímpano occidental da igrexa: unha cun Pantócrator e outra cos símbolos dos evanxelistas Xoán e Lucas, ambas no museo Marès de Barcelona. Chegaron alí procedentes da colección privada de Fernando Birk Crecelius, un dirixente da IG Farben en tempos dos nazis que fixo o seu tobo na España franquista. Quizais sería chegado o momento de que se reclamase a súa restitución ao lugar orixinal.
Porta occidental, cos efectos do espolio ben visíbeis. (Foto: José Antonio Gil Martinez)
photo_camera Porta occidental, cos efectos do espolio ben visíbeis. (Foto: José Antonio Gil Martinez)
O primeiro documento coñecido sinala a fundación de Carboeiro en 936, baixo a protección da poderosa familia dos condes de Deza. Como noutros mosteiros, puido tratarse en realidade da refundación…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios