martes 25.02.2020
Webserie

Segredos da Universidade Carlos Casares

Ricardo Araújo revela a Nós Diario os enigmas desta misteriosa institución de elite.
A equipa de @Destapando_Casares
A equipa de @Destapando_Casares

"Benvidos á Universidade Carlos Casares, a universidade galega da excelencia", atopamos en Facebook desde unha conta aparentemente institucional. Non, a febre das universidades privadas aínda non chegou á Galiza sen nos decatármonos. Esta institución de elite é produto da imaxinación do estudante de comunicación audiovisual Ricardo Araújo. Unha conta de Instagram (@destapando_casares) comeza a contar os segredos das persoas que conviven na universidade, esgazando a fachada de brillo e perfección aparente cun clima de suspense no que as persoas comezan a desconfiar até das súa mellores amizades.

O que vén de presentar como @destapando_casares é un "proxecto transmedia, é dicir, que amplía a historia a distintas plataformas que serven de puntos de entrada para o espectador ao universo", explica Araújo en declaracións a Nós Diario. Entre os contidos atopamos unha webserie de ficción con cinco capítulos xa publicados, os mencionado perfís de Instagram e Facebook, un podcast, unha web propia e varias playlists das personaxes en Spotify.

comentarios