mércores 21/10/20
UN LIBRO RECOLLE A HISTORIA DOS ANOS DOURADOS DO DÉPOR

Saudade en papel para corazóns branquiazuis

O milagre de San Vicente, o lume de Preferencia, o penalti de Djukic, o Centenariazo... como dixo Lenin, "os feitos son teimudos", e no referente á historia do Deportivo deixan claro que o clube coruñés non entendía o equilibrio senón alternando as derrotas máis imprevisíbeis e os sucesos máis desgrazados coas vitorias máis inesperadas, o que Marcos Gendre define como "xenoma shakespeareano". Todo isto e moito máis explícao no seu último libro, Branquiazul, unha crónica oral dunha época "írrepetíbel".
Marcos Gendre, autor de 'Branquiazul' (Foto: Alberto Prado)
Marcos Gendre, autor de 'Branquiazul' (Foto: Alberto Prado)

Branquiazul é o título dun libro que nace para relembrar eses anos dourados do Dépor, que a historiografía deportivista encadra polo xeral entre o coñecido como milagre de San Vicente –o gol que salvou o equipo de baixar ao pozo da Segunda ‘B’ en 1988– e 2005, ano no que, como as bolas máxicas logo de pedirlle un desexo a Shen Long en Bola de Dragón, a base do equipo que gañara seis títulos e estivo a piques de alcanzar a final da Champions se separou para sempre.

Porén, en Branquiazul o autor decide ampliar ese espazo cronolóxico, situando o punto de partida deses "anos dourados" –como reza o subtítulo do volume– en 1983, porque é "cando se escribe o capítulo máis amargo do deportivismo, e quilómetro cero dunha serie de desgrazas continuas alternadas cos éxitos máis inesperados, o que resalta ese xenoma shakespaereano do Dépor", tal e como explica para Nós Diario o seu autor, o coruñés Marcos Gendre.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios