Rubén Aramburu presenta un peto de ánimas na nova entrega de ‘Temos unha peza’

O programa do Museo do Pobo Galego volve esta terza feira ás 19:00 horas.

ruben aramburu

A cita vai ser no Museo do Pobo Galego ás 19:00 horas desta terza feira e a persoa Rubén Aranburu, crego rural. A súa presenza enmárcase na proposta 'Temos unha peza' do Museo do Pobo. Convócase ao público a un coloquio cun persoeiro representativo do mundo da cultura e da sociedade galega, usando como pretexto unha obra ou peza dos propios fondos do museo. Desta volta esa peza vai ser un peto de ánimas.

O programa comezou o 24 de xaneiro con Suso de Toro; continuou co debuxante Pepe Carreiro, Ses; o físico Jorge Mira; a xornalista Tareixa Navaza; a futbolista Vero Boquete; e o actor Roberto Leal; entre outros. 

Aranburu é membro da directiva da Asociación Irimia e forma parte da mesa de redacción de Encrucillada. Colabora conasociacións como Xermolos, e é dinamizador sociocultural, tendo participado en infinidade de proxectos comunitarios e culturais. Foi actor ocasional. Actualmente é párroco en San Salvador de Bergondo; antes foino doutras parroquias como Santa María do Campo e Santo Tomé de Piñeiro, de onde tivo que saír por obediencia debida contra a vontade dos veciños e de numerosos colectivos sociais. 

Comentarios