EXPOSICIóN EN COMPOSTELA

Rosalía, a ollos de Xurxo Lobato

“Airiños, aires, Rosalía” é a exposición que lugares significativos na vida da escritora galega través de medio cento de fotografías de gran formato tomadas por Xurxo Lobato.

[Imaxe: Xurxo Lobato]
photo_camera [Imaxe: Xurxo Lobato]

A Casa do Cabido de Compostela acolle deste esta sexta feira unha exposición de fotografías de Xurxo Lobato que dá conta dos lugares máis representativos da xeografía rosaliana na Galiza e alén do país, así como dos espazos que inspiraron Rosalía a escribir as súas obras.

A mostra, titulada “Airiños, aires, Rosalía”, recolle a traxectoria vital da autora de Cantares Gallegos desde os primeiros até os últimos anos da súa vida, desde a pila bautismal de Compostela até Lestrobe, na que resulta unha viaxe sobre Rosalía, con Rosalía e por Rosalía.

“Airiños, aires, Rosalía” estivo previamente exposta no Pazo de San Marcos de Lugo baixo o patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Agora é a quenda de Compostela, que acubilla as imaxes e textos seleccionados polo fotógrafo coruñés baixo o patrocinio da Obra Social La Caixa.

A partir de xuño e até o ano que vén, a mostra itinerante viaxará até a Casa das Artes en Vigo, o Museo de Pontevedra, o Centro Torrente Ballester de Ferrol, o Kiosko Alfonso da Coruña, e Ourense.

Comentarios