Rosalía, de Nova Iorque a Barcelona

Serán o 5 e o 8 de novembro. En Nova Iorque e Barcelona, respectivamente. A conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos atravesa as fronteiras.  

Rosalía por Maside
photo_camera Rosalía por Maside

Cunha homenaxe o día 5 de novembro o colectivo Celso Emilio Ferreiro quere lembrar, de novo desde a emigración, á poeta Rosalía de Castro. en Nova Iorque O xornalista Arturo Conde, o escritor Claudio Rodríguez Fer e o poeta residente en Nova Iorque Francisco Álvarez Koki intervirán no acto conmemorativo do 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”. 

Para o día 8 será Barcelona a cidade na que se desenvolverán actos arredor de Rosalía, desta volta organizados polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Institut d´Estudis Catalans, os Estudis Gallecs i Portuguesos e o Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona. Os actos vinculados ao Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI centraranse na novela “El primer loco” e na recepción da obra rosaliana na literatura catalá. Helena González Fernández, María do Cebreiro Rábade, María Xesús Lama, Rosario Álvarez Blanco, Fernando Cabo, Rodrigo Andrés, Joana Sabadell, Alba del Pozo, Isabel Clúa, Joan Doménec Ros Aragonés, Ramón Villares, Lluïsa Juliá, Marta Font i Espriu e Xesús Alonso Montero intervirán nos actos.

Comentarios