Máis

Rinlo celebra o seu percebe

A veciñanza reúnese na zona do porto para degustar o produto.
Percebe de Rinlo
photo_camera Este sábado poderase desfrutar dun produto de gran calidade ofertado polos percebeiros e percebeiras da zona.

O percebe é un produto moi valorado dentro e fóra da Galiza. Este moluscos habita nas rochas de diferentes puntos do litoral, por exemplo, na costa ribadense, bañada polo Mar Cantábrico. 

Na parroquia de Rinlo, en Ribadeo (A Mariña) celébrase anualmente a Festa do Percebe, un evento gastronómico que reúne a veciñanza nunha xornada festiva para consumir o produto típico.

A organización da festa traballará desde primeira hora da mañá para fechar os preparativos do evento na carpa que se instalará na zona do porto.

A festa do percebe xa é unha  tradición consolidada na contorna. O evento celébrase en xullo ou en agosto, en función das mareas. Este ano a cita contará con acompañamento musical como noutras ocasións, que correrá a cargo de Litainer Dj.

A recollida de percebes é unha actividade moi importante en Rinlo. Os moluscos capturados transpórtanse principalmente á lonxa de Ribadeo, onde se poñen á venda. 

Esta actividade ten un impacto económico importante no desenvolvemento da zona. No ano 2022, segundo os datos ofrecidos pola Consellaría do Mar, vendéronse 1.261,60 kg de percebes na lonxa ribadense. A facturación de do ano 2022 ascende a uns 39.000 euros.

Ademais da recollida de percebe nas rochas do litoral, tamén teñen un papel moi importante na zona as Rinlo cetarias. Arredor do ano 1904 comezou a funcionar en Rinlo unha cetaria natural destinada á cría de lagosta e centola, construída sobre unha área da costa onde o mar penetra nas rochas formando unha pequena piscina natural que serve como zona de abrigo.

Comentarios