Regina Touceda gaña o premio Pérez Parallé de poesía con 'Deriva'

Deriva é un libro medido, de palabra axustada, en que a voz poética se enfronta ao seu pasado familiar, á súa contorna, á desparición dun mundo. Con el a poeta e filóloga Regina Touceda (Cuntis, 1999) gañou a edición número 32 do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
regina touceda
photo_camera A poeta Regina Touceda. Foto: cedida.

Touceda fora accésit do IV Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro. En maio de 2018 foi unha das seis autoras escolmadas por Carlos Callón en Seis poetas que comezan, especial do semanario Sermos Galiza que acollía ademais poemas de Arancha Nogueira, Carlos Lixó, Jorge Durán, Belén Senín e Serxio Abalo.

O premio Pérez Parallé diríxiese a autoras e autores inéditos en libro. Está dotado con 2.500 euros e a publicación da obra distinguida en Espiral Maior. Entre as poetas que o gañaron están Mario Regueira, Xiana Arias, Susana Sánchez Aríns ou Jesús Castro Yáñez.

O xurado da súa 32ª edición formárono as escritoras Lorena Souto, Elvira Ribeiro e Daniel Salgado.

Comentarios