Os primeiros xornais en galego (1840-1912): O Seor Pedro

O Seor Pedro é a primeira mostra de xornalismo –protoxornalismo se quixermos– en galego, mais evidencia as posibilidades de utilizar impresos para a difusión escrita de mensaxes informativas de actualidade.

O seu carácter propagandístico a favor da Rexencia de Espartero e do Goberno progresista fica patente na primeira páxina do primeiro número. Apareceu en 1840, despois do fin da Primeira Guerra Carlista. Espartero convértese no militar con máis prestixio e poder e é nomeado Rexente polas Cortes.

Estes acontecementos e, sobre todo, o ben estar que se agardaba dos gobernos progresistas, son os que canta O Seor Pedro neste primeiro número ao que “hanlle de seguir outros”. E seguiron, polo menos, once números entre 1840 e 1862 nos que se abordaron desde a viaxe da raíña Sabela II ao paso do cometa Donati, da guerra de Italia ao ferrocarril compostelano.

SEOR PEDRO
O número un desta publicación apareceu en setembro de 1840 e leva como pé de cabeceira Fuliada que fixo o labrador Seor Pedro Porgresista, dendes que soupo o pornunciamento dos puebros en favor da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios