Que facer?

O Primavera en Danza de Carballo, prato forte da fin de semana

primavera en danza
photo_camera A compañía Mar Gómez actuará en Carballo o 22A.

Volve o Primavera en Danza de Carballo

Carballo

Pazo da Cultura

Sexta feira e domingo. Tamén os días 21 e 28 de abril.

Cunha ambiciosa programación: sete espectáculos de sala, actuacións ao aire libre, encontros con artistas, obradoiros de danza contemporánea e actividades complementarias.

 

Inda Canto, Treixadura

Vigo

Teatro Afundación

Sexta feira.

21.30h

Após vinte e oito anos de traxectoria poñendo en valor a tradición musical galega, Treixadura presenta Inda Canto, o seu sétimo disco. Á venda as últimas entradas.

 

Sessom Vermute na Semente

San Mateo (Narón)

Semente Trasancos

Sábado.

12.00h

Sesión vermú na escola de ensino galego a cargo de Manolo Bacallau e aproximación á cultura mexicana a través da súa gastronomía, con Lara Soto e un obradoiro para crianzas.

 

"Radio bule bule", con Paco Nogueiras.

Pontevedra

Auditorio do Pazo da Cultura

Sábado

18.30h

Dentro da programación do XIX Salón Internacional do Libro de Pontevedra atoparemos a radio de Paco Nogueiras en directo cun rebuldeiro programa para toda a familia.

 

I Feira da Ciencia e da Literatura

Bueu

Carpa da Praza Massó

Sábado

11.00h

O programa inclúe varios postos nos que se relacionarán diversos libros coas respectivas temáticas científicas. Os postos da feira estarán abertos en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

 

CDG: Divinas Palabras Revolution

Compostela

Salón Teatro

Domingo

20.00h

Estrea da primeira adaptación ao galego da coñecida traxicomedia de Valle-Inclán, Divinas Palabras Revolución, baixo a dirección de XRon.

 

 

Comentarios