Pontevedra goza do Día Mundial da Arte cun ‘Arte e Parte’ multidisciplinar

Unha chea de actividades decorreron en diferentes puntos da cidade, combinando desde espectáculos para crianzas até concertos como o de Boyanka Kostova.

 

arte e parte
photo_camera Boyanka Kostova (Foto: Concello de Pontevedra)

Pontevedra quixo celebrar este sábado o Día Mundial da Arte e escolleu un festival multidiscplinar como ‘Arte e Parte’ para facelo. Unha aposta que se desenvolver en diferentes espazos da cidade, e con vontade de repetir, para alén de proporse chegar a públicos moi diferentes.

Catorce propostas diferentes, desde as doce da mañá até a noite, para unha xornada de intensa actividade cultural. Chicharrón, Boyanka Kostova, Antía Muíño, DebajoDeLaPalmera e Familia Caamagno son algúns dos nomes dos que gozar nesta xornada.

"Pontevedra vivirá un día intenso no musical e no artístico", anunciara a concelleira Carme Da Silva na presentación deste día. "Xa na plena primavera chega esta programación variada, tanto nos espazos nos que se desenvolve, como no tipo de actividade que se situará neses escenarios", indicara.

E así foi, unha xornada dirixida a todos os públicos que inclúe, por exemplo, obradoiros de debuxo para a cativada e teatro. Da mesma maneira hai unha aposta por nomes consagrados da escena musical galega.

Arte e Parte foi o nome escollido para ese sábado de ocio e música, cun cartel que aposta pola música galega de vangarda, mesturando o talento local e emerxente co xa consagrado.

Comentarios