A poesía une no novo Cantos na Maré arredor de Rosalía

Amancio Prada, Vitor Ramil, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Budiño protagonizan son protagonistas do novo Cantos na Maré que se celebrará o próximo 11 de xaneiro en Pontevedra, dirixido por Uxía e Paulo Borges. A poesía arredor de Rosalía une a artistas que chegan do Bierzo, Brasil, Cabo Verde, Portugal e Galiza. 

Cantos na Maré
photo_camera Cantos na Maré

A poesía está na traxectoria creativa dos artistas convidados a esta nova edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que, un ano máis, se desenvolverá en Pontevedra o próximo día 11. Crearán conxuntamente un repertorio exclusivo para o Festival Internacional da Lusofonía que dirixe Uxía. 

O Festival virá este ano acompañado dun programa de actividades que van desde charlas por parte de Amancio Prada, Uxía e  Najla Shami arredor do seu achegamento creativo a Rosalía, un taller técnico e unha demostración didáctica por protagonizada por Budiño. 

Con distintas procedencias, a poesía une a Amancio Prada, Vitor Ramil, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Budiño, protagonistas do concerto colectivo que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o 11 de xaneiro de 2014. Amancio Prada musicou a Rosalía de Castro, Federico García Lorca e Cunqueiro, entre outros; Vitor Ramil, brasileiro descendente de galegos, achegouse coa súa música a Borges e João da Cunha Vargas. Este brasileiro gaucho, que conserva un exemplar de Cantares Gallegos como ouro en pano, estará por primeira vez na terra dos seus antepasados galegos. A música de Gabriela Mendes encontrouse con algúns dos mellores compositores e poetas caboverdianos como Vasco Martins, Tcheka, Manuel d'Novas e Dany Mariano. A revelación en Portugal Luiz Caracol ten a Pessoa e Mia Couto entre os seus letristas e Budiño incorpora no seu novo Sotaque un poema de Celso Emilio Ferreiro. . 

Cantos na Maré xirará xirará este ano en torno á  figura de Rosalía de Castro, á maneira dun  peche musical do ano no que se celebrou o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos. “Cantos na Maré é moito máis que un festival, é un encontro de xeografía humana, onde persoas doutras culturas entran en contacto coa nosa”, apuntou Uxía.

Comentarios