Poemas de Rosalía nos balcóns

Por segundo ano a  A.C. Francisco Lanza engalana os balcóns de Ribadeo con poemas. Desta volta, Rosalía é a protagonista. 

balcón
photo_camera balcón

Os balcóns de Ribadeo locen poemas de Rosalía de Castro, na conmemoración de 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. É a segunda edición da proposta da Asociación Francisco Lanza de levar a poesía ás rúas tendo como soporte privilexiado os balcóns da casa. O pasado ano foron poemas de autores galegos e estranxeiros os que locían nas casas de Ribadeo. As lonas cos versos rosalianos ficarán penduradas das balconadas durante todo o mes de setembro. 

O próximo día 22 ás 20.30 un recital no que participarán veciños e veciñas completará a iniciativa poética da  Asociación Cultural Francisco Lanza. A iniciativa "Palabras no balcón" conta co apoio do Concello de Ribadeo. 

Comentarios