O filme galego 'O home e o can', galardoado como Mellor Longametraxe Internacional no CityBlue Films Festival

A película narra a historia de Manuel, un home que ten afectadas as súas capacidades intelectuais e vive co seu can nunha aldea da Galiza, até que un accidente o obriga a acudir á cidade, onde coñecerá a Paula, que foxe en busca de liberdade e converterase na súa amiga, unidos pola soidade.
O director do filme, Ángel de la Cruz, recolle o premio (Foto: TVG).
photo_camera O director do filme, Ángel de la Cruz, recolle o premio (Foto: TVG).

A película producida polas galegas Ézaro Films e Caladiño Filmes, O home e o can, foi premiada a Mellor Longametraxe Internacional no CityBlue Films Festival de Vigo.

Con este xa son 16 o total de galardóns en festivais internacionais que consegue o filme dirixido por Ángel de la Cruz.

Unha película rodada en branco e negro e integramente en galego, que aborda temas como a soidade, o envellecemento da poboación e o abandono do rural.

Nela participaron actores como Paula Chaves, entre outros, e o seu director defínea como unha "homenaxe ao neorrealismo italiano", que pretende dar visibilidade aos problemas da Galiza actual.

A historia

Comentarios