“Pan e libro, produtos básicos”

Libros con pan de agasallo, porque os dous son produtos básicos. Esa é o lema co que Editores de Compostela ofertan os seus libros no Día das Letras Galegas. Cada compra de 10€ levará un pan de agasallo. 

.
photo_camera .

Alvarellos Editora, Urco, Contos Estraños, Edicións Positivas e Hugin e Munin son Editores de Compostela que sairán á rúa cos seus libros o vindeiro 17 de maio, para achegar a literatura á xente no Día das Letras Galegas. Queren, nesa data, destacar a condición de “produto básico” da lectura e por iso lémbranse tamén do pan para conmemorar a data. 

De 11 da mañá ás 20 horas agasallarán cun pan a quen merque por un importe de 10 € e no posto o público poderá atopar as novidades das cinco editoras ademais doutros títulos en oferta e descontos en coleccións especiais que non é doado atopar en librarías. 

Comentarios