Concerto en Cambados con Martirio, Pedro Guerra e Uxía

A Orquestra de Jazz de Galicia xunta tradición galega e copla

A 66ª Festa do Albariño de Cambados vivirá un espectáculo musical insólito. A Orquestra de Jazz de Galicia embarcou nun aventurado proceso de fusión entre a tradición galega, a copla e a canción de autor pop célebres practicantes dos mencionados xéneros. Esta sexta feira, 3 de agosto, amosárano ao público.
 

orquestra de jazz de galicia
photo_camera A Orquestra de Jazz de Galicia nunha imaxe de 2015. Foto: cedida.

Uxía, Martirio e Pedro Guerra serán protagonistas vocais dunha noite -o concerto comezará ás dez e media na Praza de Fefiñáns e conducirao Xurxo Souto- que desde a Orquestra definen como “moi arriscada para unhas festas”. A Concellaría de Cultura de Cambados está detrás deste intento de abrir a veterana Festa do Albariño a outro tipo de músicas.

Pedro Lamas e Roberto Somoza dirixen a Orquestra de Jazz de Galicia, que conta uns 25 músicos. O ano pasado xa se internarán polas vías experimentais e, nunha investigación sobre o entroido e o son do folión do Macizo ourensán, conseguirán alistar Santiago Auserón, Nastasia Zürcher ou Wöyza. Tamén o presentaron en Cambados.

“É moi difícil colocar propostas así nunhas festas”, sinalan desde a Orquestra de Jazz, e salientan a ousadía do concello. O repertorio que presentarán a sexta feira fará “convivir Pascual Veiga, Rosalía de Castro e a copla española”. Un ano de ensaios precédenos. “Martirio e Pedro Guerra axiña aceptaron o convite”, explican, “porque cando presentamos a nosa cultura fóra, xeramos moita simpatía e curiosidade”.

Comentarios